Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento electromédico e moblaxe con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras. (SCC.-24/1998). (Dous lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: do equipamento electromédico e moblaxe con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras . (SCC.-24/1998). (Dous lotes).

Lote nº 1: central de monitores 11.600.000 ptas., IVE incluído.

Lote nº 2: camas coidados especiais 2.808.000 ptas., IVE incluído.

Orzamento: 14.408.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 288.160 ptas., IVE incluído.

Fianza definitiva: 576.320 ptas., IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: en trinta (30) días desde a petición.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Licitarase a lote completo, indicando os prezos unitarios para cada un dos artigos que integran cada lote; non se admiten ofertas que non conteñan a totalidade dos artigos que completan o lote.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos ofertados: ata 25 puntos.

3. Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

5. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características no esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.): ata 10 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias, edificio administrativo de San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 1998.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División Recursos Económicos

8359