Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1998, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a adquisición de aparellos e dispositivos para equipamento nos distintos centros dependentes desta xerencia. (C.P. 4/1998).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.

Obxecto: adquisición de aparellos e dispositivos para equipamento nos distintos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias. (C.P. 4/1998).

Orzamento: máximo autorizado de cinco millóns trescentas noventa e cinco mil pesetas ( 5.395.000 ptas.), IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: un mes desde a sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá presentación de variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios de subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, Praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono: 982 29 63 29 e 982 29 62 19; fax: 982 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Fianzas: 2% do orzamento máximo.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II.

Criterios de adxudicación:

Prezo: 11 puntos.

Calidade: 9 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá de xustifica-la data de imposición do

envío na oficina de correos, conforme o artigo 38.4º, letra C da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 205 do Regulamento de correos aprobado por Decreto 1563/1964, do 14 de maio, modificado no seu número 3 do Decreto 2655/1985, do 27 de decembro, e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax: 982 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar no salón de actos da Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 2 de setembro de 1998.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria

8371