Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 14 de setembro de 1998 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes de indemnización por abandono voluntario e definitivo da producción leiteira.

O Real decreto 1846/1998, do 10 de xullo, sobre a modernización e mellora da competitividade do sector lácteo, establece, na súa disposición adicional terceira, un programa nacional de abandono, voluntario, definitivo e indemnizado da producción leiteira para o período 1998/1999; en relación coa presentación das solicitudes de indemnización, disponse no artigo 7.2º do dito real decreto uqe deberán presentarse no prazo de dous meses a partir da publicación do programa de abandono no Boletín Oficial del Estado.

En aplicación do citado Real decreto 1486/1998, a orde desta consellería, do 23 de xullo de 1998,

pola que se establecen as medidas necesarias para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, do programa de abandono voluntario e definitivo da producción leiteira (DOG nº 145, do 29 de xullo) establece no seu artigo 3, parágrafo 3º, que o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ó programa nacional de abandono durante o período 1998/1999, rematará o 12 de setembro de 1998.

O Real decreto 1931/1998, do 11 de setembro (BOE nº 111, do 12 de setembro), amplía o prazo de presentación de solicitudes de indemnización de abandono da producción leiteira, regulado polo Real decreto 1486/1998, para o perríodo 1998/1999, pola previsión de modificación parcial do Real decreto 1695/1995, do 20 de outubro, que establece un réxime de axudas destinado a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria, coa finalidade de lles permitir ós productores interesados no abandono coñece-las condicións nas que poden concorrer ás axudas ó cesamento anticipado.

Co fin de adecua-la Orde do 23 de xullo de 1998 á normativa básica estatal, resulta necesario amplia-lo prazo de presentación de solicitudes de indemnización por abandono voluntario e definitivo da producción leiteira que prevé a dita orde.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.l.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O prazo de presentación das solicitudes de indemnización por abandono voluntario e definitivo da producción leiteira previsto no artigo 3.3º da orde desta consellería, do 23 de xullo de 1998, amplíase ata o 31 de outubro de 1998.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

7321