Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1998, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se nomea director do V curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia.

Por Orde do 6 de maio de 1992 (DOG nº 88, do 11 de mayo), regúlase o diploma de inspección de servicios; nel establécese que para o desempeño dos postos de traballo de inspectores e subinspectores de servicios, será requisito necesario estar en posesión do diploma de inspección de servicios expedido pola Escola Galega de Administración Pública.

Segundo dispone o artigo da citada orde, para obter o diploma de inspección de servicios será necesario seguir con resultado favorable o curso que periodicamente convoque ó efecto a Escola Galega de Administración Pública, o artigo 5 engade que o director do curso será nomeado polo director xeral da Inspección Xeral de Servicios.

Convocado por Resolución do 14 de agosto de 1998 (DOG nº 169, do 1 de setembro) o V curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia

RESOLVO:

Nomear director do V curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia a Luis Etchevarría Ariznabarreta.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.

Jaime Bouzada Romero

Director xeral da Inspección Xeral de Sevicios

8410