Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (57/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data 27 de agosto adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Antonio Sánchez Carbajales, o proxecto de urbanización da rúa Gizamonde, zona 9 del SU-44 do PXOU de Ourense, condicionada ó cumprimento das condicións sinaladas polo Servicio Eléctrico do 7 de agosto de 1998 e logo constitución de garantía polo importe de dez millóns cento corenta e unha mil sete pesetas (10.141.007) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que todalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de setembro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

8306