Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 19 de agosto de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a subministración de equipamento para o persoal dos distintos servicios do Concello de Lugo no ano 1998. Anúnciase a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración de equipamento para o persoal dos distintos servicios do Concello de Lugo no ano 1998, que abranga os seguintes bloques: bloque 1-calzado, bloque 2-roupa de faena, blouqe 3-traxes e outros, e se axustará ás normas e características establecidas no prego de condicións.

d) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega será de 30 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: será o ofertado polos licitadores nas súas propostas.

5. Garantías.

Provisional: 50.000 pesetas para cada un dos bloques.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43 e 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

-Domicilio: Praza Maior, 1.

-Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da Xunta de Compras que se celebre, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 25 de agosto de 1998.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Visecretario habilitado

8307