Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da Alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación por vía urxente das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500-Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: construcción de local social en Donsión e outros (Lalín de Arriba).

Orzamento: 20.160.000 ptas.

Duración do contrato: seis meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría A; grupo C, subgrupo 4, categoría A e grupo C, subgrupo 6, categoría A.

Garantía provisional: 2% dos respectivos orzamentos de licitación.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados

a partir do día de publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a catorce e na forma establecida no prego de condicións. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce trinta horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 3 de setembro de 1998.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental

8327