Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: urbanismo, vías e obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación da rúa Cruceiro e da rúa Loureiro.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, proccedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.650.072 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisoria: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo, Vías e Obras).

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Teléfono: 986 400 300.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela.

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula 11ª do prego.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 7 de setembro de 1998.

Amado Rincón Virulegio

Alcalde

8325