Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OR-E-0164/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación, os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-E-0164/1998.

Denunciado: Ernesto Fernández Fernández.

DNI: 34.990.202-A.

Enderezo: r/ Carriarico, nº 32. Ourense.

Establecemento: Café Bar Especial Sala-Mandra.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992.

Sanción prevista: multa de ata 50.000 ptas.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribucións ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1ºd) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de dez días hábiles contados desde a publicación para exercitar perante o instructor, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exerce-lo dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita na Avda. da Habana, nº 79-2º Esq. oficina 3ª, de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indi

cado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 20 de agosto de 1998.

José César Losada Álvarez

Delegado provincial en funcións de Ourense

8313