Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación, estudio de efectos ambientais e proxecto de restauración da canteira Vilar de Seo, no concello de Rábade, provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación, estudio de efectos ambientais e proxecto de restauración da canteira Vilar de Seo, situada no concello de Rábade, provincia de Lugo.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse a disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

*Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

*Concello de Rábade.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

8318