Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 98/492).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Port Vigo, S.L., con enderezo social no Polígono Industrial das Somozas 15565 (A Coruña), para autorización administrativa das instalacións que seguen:

Planta de xeración de enerxía eléctrica composta por 20 grupos motor-xerador alimentados con com

bustible ecolóxico enviroil de 1.250 kVA de potencia aparente cada un.

Instalacións de almacenamento e tratamento dos residuos marpol tipo C e os lubricantes procedentes dos barcos.

Catro transformadores de 6.250 kVA cada un, e relación 30/0,66 kV.

Un transformador de 1.000 kVA para servicios auxiliares con relación de transformación 0,66/0,4 kV.

Instalacións de interconexión, protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai establece-la instalación: planta que se situará no Polígono Industrial das Somozas.

Orzamento: 1.250 millóns de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 18 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

8250