Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/150-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío liñas eléctricas de estrada C-531 Xinzo-Vilagarcía.

Situación: Xinzo, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga.

Descricións técnicas: L.M.T aérea a 20 kV de 250 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 10 ee remata no apoio nº 11 de la L.M.T ó C.T. existente graveira. 12 liñas de baixa tensión aéreas en conductro R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de agosto de 1998.

P.S.L

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegación Provincial

de Ourense

8094