Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das obras de reforma do Centro de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos (Lugo) EX019.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reforma do Centro de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos (Lugo) EX019, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: non.

c) Lugar de entrega: Centro de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos (Lugo) EX019.

e) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: dezaseis millóns cincocentas corenta mil vinteseis pesetas (16.540.026 ptas.).

5. Garantías:

Provisional: exenta.

Definitiva: seiscentas sesenta e unha mil seiscentas unha pesetas (661.601 ptas.).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 16.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: categoría C, grupo C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 13 de outubro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 16 de outubro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

8305