Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición dun carro picador mesturador (UNIFEED) para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Direc ción Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición dun carro picador mesturador (UNIFEED) para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: un lote.

d) Lugar de entrega: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña).

e) Prazo de execución: un (1) mes, contado a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 ptas.).

5. Garantías:

Provisional: cincuenta e seis mil pesetas (56.000 ptas.).

Definitiva: cento doce mil pesetas (112.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela'15703.

d) Teléfono: 981 54 66 82.

Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación:o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 13 de outubro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 16 de outubro de 1998.

e) Hora: 13.30 horas.

10. Gastos de anuncios:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

8271