Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de reactivos e instrumental de laboratorio para o programa de saneamento gandeiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2.Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de reactivos e instrumental de laboratorio para o Programa de Saneamento Gandeiro, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

Lote 1. A) Reactivos para diagnóstico serolóxico de peste porcina clásica para un mínimo de 50.000 determinacións.

B) Reactivos para diagnóstico laboratorial de tuberculose para un mínimo de 15.000 determinacións.

Lote 2. 1 cámara de cultivos anaerobios.

Lote 3. 1 dispensador automático para microplacas.

Lote 4. 10.000.000 puntas de micropipeta e 1.000 racks.

b) Número de unidades que hai que entregar: detállanse as características do material no prego de prescricións técnicas.

División por lotes e número: a forma de licitación será por lotes.

d) Lugar de entrega: o material será entregado nas dependencias da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

e) Prazo de execución: a subministración do material correspondente ós lotes 1 e 4 realizarase en entregas sucesivas segundo as necesidades da Administración.

A subministración do material correspondente ós lotes 2 e 3 realizarase no prazo máximo dun mes contado a partir da sinatura do contrato, e incluirá a súa instalación e a posta en funcionamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintesete millóns setecentas dez mil pesetas (27.710.000 ptas.).

Lote 1. Quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.):

A) 6.200.000 ptas.

B) 8.800.000 ptas.

Lote 2. Tres millóns sesenta mil pesetas (3.060.000 ptas.).

Lote 3. Un millón catrocentas cincuenta mil pesetas (1.450.000 ptas.).

Lote 4. Oito millóns duascentas mil pesetas (8.200.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: lote 1. Trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

Lote 2. Sesenta e unha mil duascentas pesetas (61.200 ptas.).

Lote 3. Vintenove mil pesetas (29.000 ptas.).

Lote 4. Cento sesenta e catro mil pesetas (164.000 ptas.).

Definitiva: lote 1. Seiscentas mil pesetas (600.000 ptas.).

Lote 2. Cento vintedúas mil catrocentas pesetas (122.400 ptas.).

Lote 3. Cincuenta e oito mil pesetas (58.000 ptas.).

Lote 4. Trescentas vinteoito mil pesetas (328.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f)Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obter-los pregos relativos a esta contratación a través de INTERNET no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 14 de outubro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d)Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 20 de outubro de 1998.

e) Hora:13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1998.

P.D.(Orde 15-12-1997, DOG 243, 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secreario xeral

8029