Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.134

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL VERÍN

ANUNCIO de contratación de persoal de diversas categorías para a Fundación Hospital Verín.

No uso das atribucións recollidas no artigo 3 da Lei 10/1996, de 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro), o Padroado da Fundación Hospital Verín, acorda a aprobación do cadro de persoal do seu centro, así como a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, con respecto ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da citada lei.

Na súa virtude, a Dirección da Fundación Hospital Verín fai pública a convocatoria de selección do seu persoal, de conformidade cas seguintes bases:

Persoal facultativo.

EspecialidadeNº de prazas

Medicina interna2

Oftalmoloxía (a tempo parcial)1

Traumatoloxía1

Xinecoloxía e obstetricia2

Anestesia e reanimación1

Radiodiagnóstico2

Analista1

Médico xeral3

Titulación requirida: a licenciatura e especialidade esixida legalmente para o desempeño de cada unha das prazas convocadas.

Procedemento de selección: consistirá en dúas fase:

1ª fase: valoración dos méritos achegados.

2ª fase: unha entrevista persoal.

A nota final do procedemento será a resultas de:

1ª fase: 50%.

2ª fase: 50%.

Dereitos: os candidatos aboarán 4.000 pesetas en concepto de dereitos da selección na conta de Caixa Galicia nº 2091-0409-91-304000736/2; no suposto de xerar algunha economía, revertería na formación dos seleccionados.

Persoal sanitario non facultativo.

Categorías convocadasNº de prazas

Enfermeiros/as (ATS/DUE)5

Fisioterapeutas2

Auxiliares de enfermería8

TER3

TEL5

Titulación requirida:

Enfermeiros/as (ATS/DUE): ATS/DUE.

Fisioterapeutas: fisioterapeuta.

Auxiliares de enfermería: título de FP 1º grao, rama sanitaria.

TER: técnico especialista en FP 2º grao, rama sanitaria, especialidade radiodiagnóstico.

TEL: técnico especialista de laboratorio de FP 2º grao, rama sanitaria, especialidade laboratorio.

Procedemento de selección: consistirá en tres fases.

1ª fase: un exame práctico que terá carácter eliminatorio, coa cualificación de apto ou non apto e non será sumatorio co examen tipo test.

Este exame non o farán os candidatos a categoría de enfermeiros/as e fisioterapeutas.

Un exame tipo test.

2ª fase: unha entrevista.

3ª fase: os méritos achegados polos candidatos.

A nota final do procedemento será a resultas de:

1ª fase: 35%.

2ª fase: 25%.

3ª fase: 40%.

Dereitos: os candidatos aboarán 3.000 pesetas en concepto de dereitos de exame na conta de Caixa Galicia nº 2091-0409-91-304000736/2; no suposto de xerar algunha economía, revertería na formación dos seleccionados.

Persoal non sanitario.

Categorías convocadasNº de prazas

Administrativo2

Codificador/a1

Informático1

Auxiliar administrativo9

Costureira/ro (a tempo parcial)1

Titulación requirida:

Administrativo: bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

Codificador/a: acreditación de curso de codificador.

Informático/a: diplomado/a en informática.

Auxiliar administrativo: bacharelato elemental, formación de 1º grao ou equivalente.

Costureira/o: estudios primarios.

Procedemento de selección: consistirá para tódalas categorías, excepto para costureira/o, codificador/a e informático, en tres fases.

1ª fase: un exame práctico que terá carácter eliminatorio, coa cualificación de apto ou non apto e non será sumatorio co exame tipo test.

Un exame tipo test.

2ª fase: unha entrevista.

3ª fase: os méritos achegados polos candidatos.

A nota final do procedemento será a resultas de:

1ª fase: 35%.

2ª fase: 25%.

3ª fase: 40%.

Para o proceso de selección da categoría de costureira/o constará de dúas fases:

1ª fase: unha proba práctica.

2ª fase: os méritos achegados polos candidatos.

A nota final do procedemento será a resultas de:

1ª fase: 50%.

2ª fase: 50%.

Para o proceso de selección de codificador/a constará de dúas fases:

1ª fase: os méritos achegados polos candidatos.

2ª fase: unha entrevista.

A nota final do procedemento será a resultas de:

1ª fase: 50%.

2ª fase: 50%.

Para o proceso de selección de informático constará de dúas fase:

1ª fase: unha proba práctica.

2ª fase: os méritos achegados polos candidatos.

A nota final do procedemento será a resultas de:

1ª fase: 50%.

2ª fase: 50%.

Dereitos: os candidatos aboarán 3.000 pesetas en concepto de dereitos de exame na conta de Caixa Galicia nº 2091-0409-91-304000736/2; no suposto de xerar algunha economía, revertería na formación dos seleccionados.

Normas xerais.

Os requisitos previos esixidos para tódalas categorías son:

1. Ter cumpridos os 18 anos.

2. Acreditar a nacionalidade española, ou dun país membro da Unión Europea, ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

3. Posuí-la titulación precisa para o posto ó que se opta.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no RDL 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

A Fundación Hospital Verín resérvase o dereito de declarar deserta algunha das prazas convocadas.

A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro) será efectuada por unha comisión de avaliación constituída para tal efecto.

Entre tódolos candidatos que non saian elixidos, coa nota dos méritos confeccionarase a lista de contratacións para cubrir sustitucións, tendo a dita lista unha vixencia como máximo dun ano.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

As materias obxecto de examen serán: coñecementos xerais da categoría, informática e nivel de usuario e xestión sanitaria.

Solicitude de participación: para participar neste proceso deberase remitir solicitude do interesado, dirixida á Fundación Hospital Verín, estrada de Laza, s/n, 32600 Verín (Ourense), no prazo improrrogable de vinte días naturais a contar desde o día seguinte da publicación do presente anuncio, indicando no sobre a categoría a que se presenta.

As solicitudes deberán de axustarse necesariamente ó modelo oficial desta convocatoria, calquera solicitude que non se axuste ó dito formato quedará excluída sen máis trámites.

Documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Copia compulsada, se é o caso, dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de ter superado cursos de coñecementos e do título mínimo esixido para cada categoría.

Calquer riscadura ou raspadura, tanto nos certificados ou en calquera dos documentos anexos que xunte o/a candidato/a, sempre que non se encontren salvados baixo sinatura, quedarán excluídos sen máis trámite.

No que se refire ós servicios prestados, en tódolos puntos dos baremos, serán valorados unicamente os acreditados ata o día inmediato anterior, inclusive, ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Calquera persoa poderase presentar a máis dunha categoría, sempre que presente as instancias correspondentes e aboe os dereitos de cada unha.

As devandiras solicitudes poderanse recoller nas direccións provinciais do Sergas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e na Fundación Hospital Verín.

Exclusións e reclamacións: primeiro sacarase unha lista privisional de admitidos e excluídos, tendo os excluídos un prazo de 10 días para emenda-las posibles deficiencias ou erros que se puideran encontrar nas listas: con posterioridade sacarase unha lista definitiva de admitidos.

Todas aquelas instancias que entrarán fóra do prazo establecido, ou aquelas persoas que fixeran o pagamento dos dereitos fóra do período establecido, quedaran automaticamente excluídas do proceso de selección.

Unha vez sacada a lista provisional de baremación dos méritos, darase un prazo de 10 días para calquera reclamación.

O baremo de puntuación dos méritos será publicado nos taboleiros de anuncios das dirección provinciais do Sergas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e na Fundación Hospital Verín.

Incorporación: os candidatos seleccionados incorporaranse de forma gradual segundo as necesidades da Fundación Hospital Verín e logo da superación do recoñecemento médico que o faculte para o desempeño da praza.

Para calquera tipo de información pódese chamar ós teléfonos 988 41 44 41 e 988 41 43 09, desde as 9 horas ata as 13 horas.

Verín, 27 de xullo de 1998.

Enrique Isaac Pérez Rivera

Director xerente da Fundación Hospital Verín