Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello do Páramo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras de luz pública en Friolfe e Adai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento de licitación: 6.288.000 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do importe do orzamento de contrata.

b) Definitiva: 4% do importe do orzamento de contrata.

6. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Concello do Páramo.

b) Enderezo: Torre, 1.

c) Localidade e código postal: O Páramo 27363.

d) Teléfono e fax: 982 53 91 56 e 982 53 91 56.

e) Data límite obtención da documentación: ata o día anterior ó de remate do prazo para presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia ou BOP de Lugo.

b) Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións.

8. Apertura de ofertas:

Na Casa do Concello, ás 12 horas, do 5º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Criterios da adxudicación por orde decrecente:

a) Unidades de obra adicional.

b) Menor prazo de execución das obras.

c) Obras realizadas para o concello e outras administracións.

O Páramo, 26 de agosto de 1998.

Gumersindo Rodríguez Liz

Alcalde-presidente

7552