Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1998 pola que se publica a contratación da subministración de aplicativos de xestión económico-orzamentaria, xestión tributaria e recadación para o Concello de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración de aplicativos de xestión económico-orzamentaria, xestión tributaria e recadación para o Concello de Pontevedra.

b) Lugar de entrega: casa do concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de seis meses contados desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 17.000.000 de ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: 340.000 ptas.

b) Definitiva: 680.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 9ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns hábil ó da termi

nación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo, de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os de transporte, instalación e posta en marcha dos aplicativos.

Pontevedra, 13 de agosto de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

8254