Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación, para a adxudicación mediante concurso, da concesión administrativa da xestión e explotación do servicio do matadoiro municipal de Pontevedra e reparto da carne sacrificada.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: concesión administrativa da xestión e explotación do servicio de matadoiro municipal de Pontevedra e reparto da carne sacrificada nel por quen resulte adxudicatario do concurso.

b) Duración da concesión: a concesión outórgase por un prazo máximo de vinte anos (20), computados desde a formalización do contrato en documento administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon mínimo anual: o canon que hai que aboar por quilo canal, calquera que sexa a especie, será como mínimo o 1% da facturación, e nel incluirase a carrexa de carnes ó municipio e zonas de influencia; será aboado en cotas trimestais, polo adxudi

catario no mes seguinte de cada trimestre vencido.

5. Garantías:

a) Provisional: 1.000.000 de ptas.

b) Definitiva: 25.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: corenta (40) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: corenta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ó oitavo día seguinte a aquel no que finalice o prazo para presentación de proposicións; se fose sábado ou inhábil, a apertura prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte, ás 12 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de adxudicación: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Menores tarifas de aplicación ós usuarios.

b) Maior canon de aboamento ó Concello de Pontevedra.

c) Menor prazo de duración da concesión.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

Información pública do expediente: o expediente e o prego de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares regulador da concesión someterase a información pública durante o período de trinta (30) días hábiles; aprazarase a licitación (acto de apertura de proposicións) ata que foran resoltas as reclamacións, de presentalas o Pleno da Corporación, e en todo caso antes do prazo sinalado para a adxudicación do concurso.

Pontevedra, 6 de agosto de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

8016