Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (18/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 30 de xullo de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación e subdivisión do polígono na zona 13 B do SU-10 de Ourense por instancia da Comunidad de Bienes Aurita Calviño Fernández, representada por José Quintairos Gulín, debendo dar cumprimento dos informes durante o prazo de exposición pública.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de agosto de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

7985