Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1998 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 407/1998).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 407/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: instalación de iluminación nas pistas deportivas no campus universitario de Lagoas-Marcosende.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: corenta e cinco días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 13.858.000 ptas.

5. Garantías: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Areal, 46-2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible ó contratista: non procede.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46 - planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46 - 1ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 2 de setembro de 1998.

P.D. (Resolución 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo

8244