Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-82/97 (caza-Pontevedra).

De conformidad co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 3110001181, da Caixa de Galicia (2091), clave (90), oficina (0388). De non o faceren dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de se tratar de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 12 de agosto de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-82/1997.

Denunciado último enderezo coñecido: Óscar Barros Otero. Estrada da Madroa, 28-Bx-Teis (Vigo).

Feito denunciado: adestrar 3 cans con fins cinexéticos en época non autorizada, o día 29 de agosto de 1997, no termo municipal de Tui.

Precepto infrinxido: artigo 48.2º.25 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

8245