Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da subministración para a adquisición de trece (13) unidades remotas da meteoroloxía.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: contratación da subministración para a adquisición de 13 unidades remotas de meteoroloxía.

2.2. Prazo de execución: un mes desde a sinatura do contrato.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.000.000 de pesetas, IVE incluido.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata (280.000 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata (560.000 pesetas).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: rúa Basquiños nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o undécimo día natural contado desde o último día de presentación das proposicións, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 11 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

8100