Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/151-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., polígono empresarial de Sarreaus.

Situación: Sarreaus.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 2.454 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio proxectado da L.M.T. Folgoso-Cortegada-Meilás e remate no apoio nº 17 da L.M.T. aérea proxectada ó polígono empresarial de Sarreaus. L.M.T. subterránea a 20 kV de 25 m en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe no apoio nº 17 da L.M.T. aérea proxectada a polígono empresarial de Sarreaus e remate no C.T. proxectado en edificio prefabricado en polígono empresarial de Sarreaus con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegación Provincial de Ourense

7914