Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/152-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Barrio, Lavandeira, Santas.

Situación: Taboadela.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 64 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio existente nº 1 da L.M.T. a Cambo e remate

no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Barrio. R.B.T. aérea de 925 m do C.T. Barrio e R.B.T. aérea de 1.575 m do C.T. Santas, ámbalas dúas en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe do servicio da Delegación Provincial de Ourense

7916