Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/149-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Ramilo.

Situación: Viana do Bolo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 3.950 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 67 da L.M.T. A Penouta (Viana do Bolo) e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Ramilo. R.B.T. aérea do C.T. de Ramilo de 452 m en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegación Provincial de Ourense

7917