Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/53-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Penouta-Pradolongo.

Situación: Viana do Bolo.

Descricións técnicas: 9 liñas aéreas a 15/20 kV, Cond. LA-110 (1ª-3ª) LA-56 (resto). (1ª) 132 m, orixe no apoio Deriv. a C.T. Sto. Agostiño e fin no apoio nº 2 da Deriv. a C.T. Paradela. (2ª) 368 m, orixe apoio nº 2 saída central Sto. Agostiño e fin no apoio Prox. nº 7 Deriv. a CC.TT. Paradela e outro. (3ª) 898 m, orixe central Sto. Agostiño e fin no apoio Prox. nº 8 L.M.T. a Viana do Bolo. (4ª) 3.305 m, orixe apoio nº 28 da saída 1 central Sto. Agostiño e fin apoio Prox. nº 27 da L.M.T. a Penouta. (5ª) 35 m, orixe apoio nº 14 da L.M.T. Punxeiro-Froxais, final C.T. Caseta S. Martiño. (6ª) 2.120 m, orixe apoio 11 L.M.T. Punxeiro-Froxais, final C.T. Stº Estevo-Hedroso (7ª) 942 m orixe apoio nº 6 L.M.T.

a C.T. anterior e fin no C.T. Quintela Hedroso. (8ª) 1.040 m, orixe apoio L.M.T. Viana-A Veiga, fin C.T. Tabazoa H. (9ª) 1.818 m, orixe apoio L.M.T. Viana-A Veiga, fin C.T. (I) Pradolongo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, de 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 4 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegación Provincial de Ourense

7918