Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de subministración para a adquisición de equipamento da pista de atletismo das Pedreiras, no concello de Lugo (Lugo).

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que refire a presente resolución e que posúen as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

Lote 1: equipamento para xuíces e carreiras de obstáculos.

Lote 2: equipamento para saltos (altura, pértega e lonxitude).

A descrición e cuantificación do equipamento que se pretende adquirir detállase no prego de prescricións técnicas.

a) Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

b) Orzamento:

Lote 1: dous millóns setecentas unha mil cento vinte e oito pesetas (2.701.128 pesetas).

Lote 2: catro millóns setecentas noventa e cinco mil trescentas corenta pesetas (4.795.340 pesetas).

Total: sete millóns catrocentas noventa e seis mil catrocentas sesenta e oito pesetas (7.496.468 pesetas).

c) Requisitos específicos do contratista: acreditarase a solvencia técnica, económica e financeira por algún dos modos previstos nos números 6 e 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas.

3. Garantía provisional:

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Lote 1: 54.023 pesetas.

Lote 2: 95.907 pesetas.

Para ámbolos lotes: 149.930 pesetas.

4. Obtención de documentación e información:

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

5. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890-Santiago de Compostela. Prescricións Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo

cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

6. Apertura de ofertas:

Levárase a cabo ás 9.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

7. Gastos de anuncios:

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

8033