Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (80/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 80/1998, que se seguen por desobediencia, cítase a Luís Manuel Eyre Vázquez para que o próximo díaz dezaoito de setembro á 11.15 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaeren sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo se é parte ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intente valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a Luís Manuel Eyre Vázquez en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de agosto de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

8267