Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.117

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (14/1996-V).

Eu, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela fago saber que neste xulgado do meu

cargo, baixo o número 14/1996-V, se seguen autos de executoria de faltas, por instancia de Mercedes Espantoso Rey contra José Manuel Pereira Pérez, por lesións en agresión, da que nas actuacións se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de oito días e prezo da súa valoración os seguintes bens mobles embargados ó condenado:

-Vehículo Citröen, matrícula M-9118-JU.

-Vehículo Ford Fiesta 1.6, matrícula B-0241-HM.

-Vehículo Ford Orion 1.6, matrícula B-0377-ID, sendo o seu prezo de valoración de oitocentas corenta mil pesetas (840.000 ptas).

A poxa terá lugar na sala da audiencia deste xulgado, o próximo día un de outubro ás dez horas, segundo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será a cantidade sinalada como prezo de valoración, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado nº 1592000076008396 do BBV, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só se lle poderá facer ó prexudicado o remate en calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do prexudicado as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó credito do prexudicado, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día catro de novembro ás dez horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto o tipo do remate que sera do setenta e cinco por cento do da primeira; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxección a tipo o día un de decembro ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

8. Sirva esta publicación de notificación ó condenado, para o caso de non ser encontrado no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o dezasete de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

7952