Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998 pola que se convoca concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para explotación e operación en quenda de noite con destino ó Centro de Procesos de Datos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 32/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para explotación e operación en quenda de noite con destino ó Centro de Proceso de Datos.

b) División por lotes:

Lote 1: dous operadores.

Lote 2: un analista-programador.

c) Lugar de execución:

Lote 1: nos locais do CPD, en Santiago de Compostela.

Lote 2: nos locais do CPD, en Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución:

Lote 1: 77 xornadas cada operador, que se realizarán durante o presente exercicio económico.

Lote 2: 77 xornadas que se realizarán durante o presente exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns seiscentas mil pesetas (9.600.000), IVE incluído, distribuídos do seguinte xeito:

Lote 1: 6.000.000 de pesetas.

Lote 2: 3.600.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: Lote 1: 120.000 pesetas. Lote 2: 72.000 pesetas.

Definitiva: Lote 1: 240.000 pesetas. Lote 2: 144.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario.

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas (PCA).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 7 do PCA.

c) Lugar de presentación: só no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 10 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1998.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

8034