Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (295/1996).

En virtude da resolución dictada no día da data en autos civís de expediente de dominio seguidos ante este xulgado co número 295/1996, promovidos por Rafael Romero López Grado, sobre inmatriculación de predio, do predio que se describe.Predio: terreo ó que lle chaman Sartaxes dunha superficie de trinta concas igual a dez áreas e cincuenta centiáreas. Linda: norte, Alfonso García; sur, ribeira mar; leste, camiño público e oeste, regato de auga. Cítase os habentes-causa daqueles dos que procedan os bens e as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada co fin de que no termo de dez días a partir da publicación do presente edicto poidan comparecer ante este xulgado para alegaren o que no seu dereito conveña.

En Padrón o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

7581