En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 182/1997, cítase o denunciado Antonio Sánchez Mayo, do que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 7 de outubro de 1998 ás 11.10 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que pode ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.
E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela.
O/A secretario/a
Rubricado
7582