Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

EDICTO (292/1997).

Eu, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín (Pontevedra).

Fago saber: que en virtude do disposto polo xuíz deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín no expediente de suspensión de pagamentos 292/1997, promovido pola entidade mercantil Talleres Castilla S.L con domicilio social en Silleda, Pontevedra, A Mera, número 31, dedicada como actividade profesional á instalación de calefacción e fontanería en xeral, por medio do presente edicto faise público que por auto da data 28 de xullo de 1998 se declara o sobresemento do expediente de suspensión de pagamentos e polo tanto a conclusión do mesmo ó non concorrer á xunta de acredores créditos que sumasen polo menos tres quintos do pasivo do debedor deducido o importe dos créditos dos acredores que tendo dereito á abstención usasen del.

En Lalín o vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

7494