Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (397/1997-B).

Por telo acordado en resolución do día da data, cítanse as persoas que despois se dirá para que comparezan na sala de audiencia de este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, sito na Praza do Concello, primeira planta, o vindeiro día 2 de novembro ás 11.10 horas, co obxecto de asistir ó correspondente xuízo sobre ameazas no concepto que se dirá, facéndolles saber que poden ser asistidos de avogado e que deberán comparecer cos medios de proba dos que tenten valerse, e que de deixaren de asistir sen acreditar causa xusta, poderán ser multados. O presunto culpable, que reside fóra da circunscrición do xulgado competente non terá o abriga de acudir ó acto do xuízo e poderá dirixir ó xulgado escrito alegando o que considere conveniente na súa defensa e apoderar a persoa presente naquel acto as probas de descargo que tiver, segundo establecen os artigos 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial.

En Carballo, o vintenove de xullo de mil novecentos noventa a oito.

O secretario

Rubricado

Denunciante: Carmen Leis Espasandín, con domicilio en paradoiro descoñecido.

7497