Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de setembro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 148/1991, do 2 de maio, polo que se establecen os órganos de dirección e colexiados nos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia, dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e xestionados polo Servicio Galego de Saúde e polo

que se determinan as funcións destes, e no artigo único do Decreto 143/1992, do 5 de xuño, esta consellería, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo de subdirector de xestión do Hospital Meixoeiro de Vigo.

O réxime xurídico aplicable será o previsto no Decreto 143/1992, do 5 de xuño.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os interesados que reúnan os requisitos sinalados no artigo 3 do Decreto 148/1991, do 2 de maio, ou no artigo único do Decreto 143/1992, do 5 de xuño.

Terceiro.-Os aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos nel alegados, ademais dos requisitos esixidos na normativa á que se fai referencia no punto anterior.

Cuarto.-As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-O aspirante que resulte seleccionado deberá tomar posesión nos prazos sinalados no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

No suposto de que obteña destino un aspirante pertencente a outras administracións públicas, o seu cesamento deberá levarse a cabo de acordo coa lexislación da súa Administración de procedencia e quedará na situación que proceda, de acordo coas súas normas específicas.

A aquel funcionario de carreira da Administración do Estado que resulte seleccionado seralle de aplicación o disposto no parágrafo segundo do artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de febreiro (BOE nº 14, do 16 de febreiro), requiríndose, en consecuencia, o informe favorable do departamento en que presta os seus servicios. De non emitirse o dito informe no prazo de quince días, este considerarase favorable.

Así mesmo, no suposto de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do sistema nacional de saúde en propiedade, será declarada polo organismo competente ou ben na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13 do Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, ou ben na situación

de excedencia especial prevista no artigo 34 do Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo convocado, de considerarse oportuno.

Sétimo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

7580