Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.114

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 17 de xuño de 1998 (DOG nº 127, do 3 de xullo), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co establecido no Decreto 148/1991, do 2 de maio, e no Decreto 143/1992, do 5 de xuño, no exercicio das competencias que ten atribuídas

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 17 de xuño 1998 (DOG nº 127, do 3 de xullo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O aspirante que resulte seleccionado deberá tomar posesión nos prazos sinalados no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

No suposto de que obteña destino un aspirante pertencente a outras administracións públicas, o seu

cesamento deberá levarse a cabo de acordo coa lexislación da súa Administración de procedencia e quedará na situación que proceda, de acordo coas súas normas específicas.

A aquel funcionario de carreira da Administración do Estado que resulte seleccionado seralle de aplicación o disposto no parágrafo segundo do artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de febreiro (BOE nº 14, do 16 de febreiro), para o que se require, en consecuencia, o informe favorable do departamento en que presta os seus servicios. De non emitirse o dito informe no prazo de quince días, este considerarase favorable.

Así mesmo, no suposto de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do sistema nacional de saúde en propiedade, será declarada polo organismo competente ou ben na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13 do Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, ou ben na situación de excedencia especial prevista no artigo 34 do Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto: director de xestión do Hospital Meixoeiro de Vigo.

Nome e apelidos: Lourdes Alcántara Fernández.

DNI: 75.400.205.

8266