Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.114

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 4 de setembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 27 de marzo de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 27 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 64, do 3 de abril), e resolta parcialmente por Orde do 30 de xuño de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 135, do 15 de xullo), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 27 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 64, do 3 de abril).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lle fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer

recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no praxo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

NRP/DNI: 36077543L.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Córdoba Ardao, Manuel Ángel.

Código: OT.C99.10.000.36001.071.

Denominación do posto de traballo: xefe de Servico de Urbanismo e Arquitectura.

Centro directivo: Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Localidade: Pontevedra.

Corpo ou escala: A3-Admón. Xeral/Especial.

Nivel: 28.

Esecífico: 1.405.752.

8265