Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.108

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da do 1 de xuño de 1998 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para a investigación aplicada e desenvolvemento tecnolóxico, a innovación empresarial, a calidade e a mellora da competitividade dentro da Comunidade Autónoma galega para 1998.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 1 de xuño de 1998 pola que se regula a

concesión de subvencións co obxectivo do auspicio e incentivación de actuacións, así como a prestación de servicios, conducentes á mellora da competitividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 114, do 16 de xuño de 1998).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda, a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do día 31 de outubro de 1998.

Tendo en conta a tardía publicación da devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria do 1 de xuño de 1998, ata o día 30 de novembro de 1998.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8242