Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.107

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xullo de 1998 pola que se autoriza definitivamente a implantación dos ciclos formativos de grao superior Hixiene bucodental e Próteses dentais da familia profesional de Sanidade ó centro privado Centro de Formación Profesional Sanitex de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do Centro de Formación Profesional Sanitex de Vigo, no que se solicita autorización para podér imparti-los ciclos formativos de grao superior Hixiene bucodental e Próteses dentais da familia profesional de Sanidade.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 537/1995 (BOE do 2 de agosto) polo que se establece o título de técnico superior en Hixiene bucodental, Real decreto 541/1995 (BOE do 15 de agosto) polo que se establece o título de técnico superior en Próteses dentais, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Denominación específica: Centro de Formación Profesional Sanitex.

Titular: Héctor Juan Lobaina Maresma.

Ensinanzas que se autorizan:

1 ciclo formativo de grao superior Hixiene bucodental da familia profesional de Sanidade (1 unidade).

1 ciclo formativo de grao superior Próteses dentais da familia profesional de Sanidade (2 unidades).

8251