Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 1998 pola que se autoriza definitivamente a implantación do ciclo formativo de grao medio Laboratorio de Imaxe e o ciclo formativo de grao superior Son ó centro privado Centro de Estudios Marcote de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do Centro de Estudios Marcote de Vigo, polo que solicita autorización para poder imparti-lo ciclo formativo de grao medio Laboratorio de Imaxe e o ciclo formativo de grao superior Son, ámbolos dous da familia profesional de comunicación, imaxe e son,

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 2037/1995 (BOE do 7 de febreiro) polo que se establece o título de técnico en Laboratorio de Imaxe, Real decreto 2036/1995 (BOE do 6 de febreiro) polo que se establece o título de técnico superior en Son, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve,

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto

2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Cabral.

Enderezo: Avd. Puente, 82.

Código do centro: 36019116.

Denominación específica: Centro de Estudios Marcote.

Titular: Centro de Estudios Marcote S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

- 1 ciclo formativo de grao medio Laboratorio de Imaxe da familia profesional de comunicación, imaxe e son.

- 1 ciclo formativo de grao superior Son da familia profesional de comunicación imaxe e son.

8193