Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.105

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 2 de setembro de 1998 pola que se nomea un vocal, en representación da Consellería de Economía e Facenda, no Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

De conformidade co disposto na Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do ILGG, son órganos de dirección deste o seu presidente, o director e o consello de dirección, do que forma parte, como vocal, un representante da Consellería de Economía e Facenda, que será nomeado polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, por proposta do de Economía e Facenda, ó abeiro do disposto no artigo 9.3º, parágrafo segundo, do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que desenvolve a antedita lei.

Xa que logo, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, en virtude da competencia que me atribúen os artigos 4.4º, da Lei 7/1994, do 29 de decembro e 9.3º do Decreto 128/1996, do 14 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Que cese como vocal do consello de dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, en representación da Consellería de Economía e Facenda, José Luis Veiga Castilblánquez.

Artigo 2º.

Nomear vocal do consello de dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, en representación da Consellería de Economía e Facenda, ó xefe do Servicio de Administración Empresarial, da Secretaría Xeral e do Patrimonio, Manuel Vidal Martín.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1998.

Castor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

8192