Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 169, do 24 de xullo de 1998 (corrección de erros BOP nº 174, do 31-7-1998), publícanse integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral deste concello, incluída na oferta de emprego público de 1997.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oza dos Ríos, 3 de agosto de 1998.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde

7614