Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de agosto de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas que rexerán para o concurso para a adquisición dun vehículo para os servicios municipais.

O citado prego estará exposto ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra el.

Ó mesmo tempo o concello anuncia a licitación da adquisición, se ben esta quedará aprazada no suposto que houbese reclamacións contra o prego, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Ourol.

2. Obxecto do concurso: adquisición dun vehículo de seis prazas, sen pintura metalizada e motor diésel. O vehículo adquirirase xa matriculado.

3. Tipo de licitación: dadas as características do presente concurso, preténdese deixar unha marxe para que as casas concesionarias poidan formula-las súas propostas coa necesaria flexibilidade que require o caso dentro dos límites do orzamento municipal. Para tódolos efectos entenderase que as ofertas levarán o IVE incluído.

4. a) Procedemento: aberto. b) Forma: concurso.

5. Garantías: provisional: equivalente ó 2% do tipo de licitación.

Definitiva: equivalente ó 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Ourol.

b) Domicilio: Ourol (Lugo).

c) Teléfono: 982 55 91 09.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día décimo terceiro posterior ó da data de publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación de proposicións e documentación: as proposicións presentaranse en man no rexistro do concello, dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 14 horas, en sobres pechados de acordo coa base undécima do prego; a documentación que se xunta é a esixida na dita cláusula.

8. Apertura de plicas:

a) Lugar: concello.

b) Data: día seguinte hábil ó último do prazo de presentación de proposicións, se este coincidira en sábado trasladaríase ó luns seguinte.

Hora: 12 horas.

Ourol, 1 de setembro de 1998.

Guillermo Salgueiro Abad

Alcalde

7616