Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBEIRA

ANUNCIO.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán para a contratación das obras que se sinalan no presente anuncio e que se

expoñen ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa publicación no BOP e Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación de reclamacións. Igualmente, anúnciase a licitación das mesmas obras, mediante concurso aberto polo trámite de urxencia e poderán presentarse as ofertas na secretaría do concello durante o prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, prazo que se interrompiría no caso de presentación de alegacións contra os pregos de cláusulas administrativas.

Obras que se anuncian (título, plan, orzamento).

1. Urbanización Travesía de Lobeira (PCAE): 5.000.000 de ptas.

2. Camiño de acceso a Senderiz e outros (PCAE e PIEL 1998): 8.884.800 ptas.

3. Saneamento en Senderiz e outros núcleos do concello (PIEL 1998): 11.093.659 ptas.

Fianza provisional: 2% do orzamento da obra.

Fianza definitiva: 4%.

Apertura de plicas: primeiro día hábil (excepto sábados) posterior ó remate do prazo de presentación de ofertas.

Información e documentación: secretaría do concello, de 9 a 14 horas.

Teléfono: 988 45 85 13.

Fax: 988 45 85 79.

Lobeira, 2 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

8228