Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública da modificación do estudio de detalle sólido K polígono 21 do PERI do Calvario.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 10 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle sólido K polígono 21 do PERI do Calvario, presentado por Miguel D. García Mariño e segundo a documentación redactada pola arquitecta Alba Rodríguez Álvarez, visado polo COAG o 11-5-1998, someténdoo a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, con notificación individual ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes da derradeira.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 42.6º da Lei 1/1997, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Fíxese no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Vigo, 22 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo