Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 381/1995 A.T.).

Ó abeiro do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, segundo o disposto no artigo 14.1º do citado regulamento a solicitude da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica presentada pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na rúa García Barbón, nº 38, 36201 Vigo, para a execución do seguinte proxecto denominado:

L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Abelenda no concello da Cañiza, autorizada e declarada de utilidade pública

por resolución desta Delegación Provincial de Industria do 16-2-1996, (expediente 381/1995 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 16.3º do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun diario local dos de maior circulación asi como os interesados ós que se lles practica notificación individual, poderán presentar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, asi como formula-las alegacións que teñan relación cos artigos 25 e 26 do devandito regulamento.

Estará exposto o expediente co proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, r/ Gran Vía 76, en horas de oficina.

Os propietarios afectados poderán solicitar a través desta delegación provincial que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Pontevedra, 26 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 381/1995 A.T.Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. A AbelendaTermo municipal: A Cañiza

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1FábricaMonte altoPregomar, S.L.A Aldeíña, s/n, 36884 Petán, A Cañiza1160960

2RedondiñaMonte altoRosa Estévez Suárez e IrmánsO Piñeiro, s/n, 36884 Petán, A Cañiza1133528

3RedondiñaMonte altoApoderado Manuel Fidalgo PedrosaPereiras, s/n, 36884 Petán, A Cañiza10160

4RedondiñaMonte altoManuel Miguélez FerreiroSenande, s/n, 36884 Deva, A Cañiza24384

7Súa BouzaMonte altoDescoñecidoRpta. Fiscal Audiencia Prov. r/ Salvador Moreno, 11, Pontevedra350

9MolediñoMonte altoHdos. Aquilino Pérez MartínezEstrada Arbo, 36, 36880 A Cañiza9144

10MolediñoMonte altoAvelina DomínguezValdomar, s/n, 36872 Covelo10160

11MolediñoMonte altoAntonio Pérez Sánchez e IrmánsA Abelenda, s/n, 36884 Petán, A Cañiza10160

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

18BorciñaMonte altoLeonisa Pérez CastroAvenida Castrelos, 116-5º E, 36210 Vigo16

25BorciñaMonte altoLeonisa Pérez CastroAvenida Castrelos, 116-5º E, 36210 Vigo15140

30BorciñaPradoApoderado José Estévez DomínguezA Abelenda, s/n, 36884 Petán, A Cañiza15150

32LeiraLabradíoMaría Lourdes Estévez PérezRúa Sanjurjo Badía, 43-3º, 36207 Vigo25200

35LeiraLabradíoHerdeiros Rosa Estévez MoureRúa Romil, s/n, Vigo15140

8010