Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 31 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas en recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01712-O-97 e seis máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación de esta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

do recurso

LU-01712-O-97

LU-2945-T

G.C. Tráfico

Gasóleos Coyanza, S.L.

Praza San Miguel, s/n

24250 Valencia de Don Juan, (León)

Circular transportando 12.000 litros de gasóleo, carecendo a bordo do vehículo das correspondentes instruccións escritas para casos de accidente ou avaría.

20-10-1997; 12.00.00; N-VI; 467

Art. 4 do

Real decreto

74/1992, de 31 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento

nacional do

transporte de mercadorías

perigosas por

estrada (TPC) (BOE 46, de 22 de febreiro)

143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

100.000 ptas.Desestimado
LU-01761-O-97

LU-5430-L

G.C. Tráfico

Germán Abelaira Penalonga

Río Narla, 48

273 Lugo

Realizar un transporte de mercadorías en réxime de servicio público, carecendo de tarxeta de transportes, vehículo lixeiro.

29-10-1997; 9.45.00; C-641; 8

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D

1211/1990.

143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

5.000 ptas.Estimado parcialmente

15.000

OU-01505-O-97

LE-5327-U

G.C. Tráfico

Transportes Tronel, S.L.

Avda. España, 32

24400 Ponferrada (León)

Circular transportando unha máquina retro-escavadora, carecendo o vehículo de tarxeta de transportes.

17-4-1997; 10.55.00; N-120; 448

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D.

1211/1990

143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

25.000 ptas.Desestimado
PO-00488-O-97

PO-7055-AB

G.C. Tráfico

Julio Saavedra Pereira

Tameiga Cotiño, 87

36209 Mos (Pontevedra)

Transportar granito cun peso total en báscula de 23.440 (vintetrés mil catrocentos corenta) kgs. tendo un PMA de 20.000, exceso 3.440 kgs. 17,20% sobre o PMA. Servicio privado.

9-5-1997; 17.30.00; PO 410; 1

Art. 200.3º do D. 1211/1990

143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

160.000 ptas.Desestimado
PO-00621-O-97

M-9200-PC

G.C. Tráfico

María Soledad Martín Iglesias

Galiana, 36

28860 Paracuellos de Jarama (Madrid)

Efectuar un transporte especial desde Cangas a Tirán (camping) saíndo do itinerario conforme a autorización que ampara o transporte. Instancia nº 46726 do 26-3-1997. Servicio público.

26-5-1997; 20.20.00; C-550; 118,200

Art. 200.3º do R.D. 1211/1990

143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

50.000 ptas.Desestimado
XC-00891-O-97

C-9417-AP

G.C. Tráfico

Transportes Rodrigo Eirís, S.L.

Estr. Coruña-Carballo, km 4,8

15142 Arteixo (A Coruña)

Realizar un servicio público de transportes de mercadorías, carecendo o vehículo da correspondente autorización administrativa.

3-9-1997; 10.30.00; A-9; 79,000

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D.

1211/1990

143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

25.000 ptas.Desestimado
XC-00945-O-97

C-0997-AH

G.C. Tráfico

Isidro de la Cal Frescosa

Concepción Arenal, 9

156 A Coruña

Circular cun vehículo obrigado ó uso de aparato tacografo, carecendo a bordo do vehículo do último disco da semana anterior.

6-10-1997; 12.50.00; A-6; 568,000

Art. 15 do R (CE) 3821/1985

143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

25.000 ptas.Desestimado

8009