Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T., C.T., R.B.T. A Cruz-Camos, municipio de Nigrán, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., que foi declarada de utilidade pública, polo que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, por resolución desta delegación do 22 de abril de 1998 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico). (Expediente 97/323-4 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de

outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 8 de setembro, a partir das 11 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Nigrán, sinalados cos números que na folla anexa se detallan.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polos eu perito ou por seu notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 10 de agosto de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 97/323Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Cruz-CamosTermo municipal: Nigrán

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDirecciónnº apoiommlm

1A CruzMonte altoConcello de NigránO Castelo-Cea, 36350 Cea-Nigrán35560

2A CruzMonte altoManuel Gómez FigueroaAs Tomadas, 19, 36360 Chandebrito-Nigrán21701064

3A CruzMonte altoJulián Román HermidaAlborés Grande, 49, 36391-Priegue-Nigrán21148

7986