Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 20 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes (DOG número 143, do 27 de xullo), pola que se establece o calendario e horario das probas e se anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-De conformidade coa base quinta punto 2 da Resolución do 28 de xullo de 1998 da Dirección Xeral de Transportes (DOG nº 143 do 27 de xullo), establécese o calendario e horario das probas do seguinte xeito e fíxase o lugar para a súa celebración na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.

Día 17 de outubro de 1998.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías.

9 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por A, ata os que comezan por D, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías.

11 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por A, ata os que comezan por D, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías.

16 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por E, ata os que comezan por Li, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías.

18 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por E, ata os que comezan por Li, ambos inclusive.

Día 24 de outubro de 1998.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías.

9 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Lo, ata os que comezan por P, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías.

11 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Lo, ata os que comezan por P, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías.

16 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Q, ata os que comezan por Z, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías.

18 h para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Q, ata os que comezan por Z, ambos inclusive.

Día 7 de novembro de 1998.

-Axencias de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor.

9 h tódolos aspirantes.

-Específico interior e internacional de viaxeiros.

11.30 h tódolos aspirantes.

Segundo.-De conformidade co artigo 12.2º da Orde do 23 de xullo de 1997 (BOE nº 182 de 31 de xullo), fíxase un tempo máximo de 2 horas para a realización de cada un dos exercicios.

Terceiro.-Anúnciase a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, a partir do 18 de setembro de 1998, de conformidade coa base cuarta punto 4 da resolución da convocataria, nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicios Provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1998.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8277